Falamos
un pouco sobre nos...
En Aede Atención Psicolóxica entendemos a terapia como unha colaboración activa e dinámica entre profesionais e clientes na que intentamos movilizar os recursos dos mesmos naquelas situacións da vida nas que xurden dificultades das que non atopamos saída. O equipo terapéutico do gabinete está formado por psicólogos,sexólogos e médicos. Seguindo o módelo da terapia familiar sistémica intentamos poñer en marcha mellorías no menor número de sesións posible.
Traballamos con nenos, adolescentes e adultos en formato de terapia individual, familiar ou de parella.
O noso gabinete leva o nome dunha das tres musas gregas antiguas. As tres irmáns (Melete, Mneme e Aede) representan a forma en que ten lugar o proceso creativo dunha obra de arte, o cal ten un claro paralelismo cos obxectivos que nos podemos propor na vida.
Melete é a musa do pensamento, das ideas e da imaxinación. Melete inicia o proceso creativo mediante a reflexión, da que xurde a idea que dará lugar á obra de arte. A súa irmán Mneme é a musa da creación propiamente dita: Lembra a idea xenerada por Melete e crea a obra. A última das irmáns, Aede, é a encargada da posta en escena da obra: Interpreta o ideado por Melete e plasmado/creado por Mneme. É unha musa de acción, que mediante a posta en práctica da obra confirelle a esta a súa capacidade transformadora da realidade e do mundo.
Sentímonos identificados con Aede porque cremos na importancia de poñerse en marcha e actuar como xeito de conseguir os propios obxectivos e transformar a realidade que nos rodea.